Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso, do expediente 8/2000, para a subministración de compresas e gasas.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, da subministración de compresas e gasas.

Obxecto e orzamento.

A subministración de compresas cirúrxicas (lote nº 1), por un orzamento máximo de 6.000.000 de ptas., gasas cirúrxicas (lote nº 2), por un orzamento máximo de 1.225.000 ptas., compresas para curas (lote nº 3), por un orzamento máximo de 225.000 ptas., gasas para curas de malla non estéril 20x40 (lote nº 4), por un orzamento máximo de 950.000 ptas., gasas para curas de malla estéril 20x40 (lote nº 5), por un orzamento máximo de 7.000.000 de ptas., gasas para curas de malla estéril 16x25 (lote nº 6), por un orzamento máximo de 300.000 ptas. Os importes inclúen o IVE.

Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación de adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n /27004) Lugo. Tfno.: 982 29 65 52 e fax: 982 21 29 24.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento vinte mil pesetas (120.000 ptas.), para o lote nº 1, de vintecatro mil cincocentas pesetas (24.500 ptas.) para o lote nº 2, de catro mil cincocentas pesetas (4.500 ptas.) para o lote nº 3, de dezanove mil pesetas (19.000 ptas.), para o lote nº 4, de cento corenta mil pesetas (140.000 ptas.) para o lote nº 5, de seis mil pesetas (6.000 ptas.) para o lote nº 6, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financieira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

Valoración técnica, ata 10 puntos.

Prezo, ata 8 puntos.

Prazo de entrega, ata 2 puntos.

Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do vixesimosexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do decimoprimeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 13 de marzo de 2000.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo