Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico de Castelo. (Expediente 3/1999).

Examinado o expediente instruído por instancia de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. con enderezo para efectos de notificacións na rúa Betanzos, 1, 1º Esq., CP 15004, Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización das instalacións do parque eólico de Castelo; resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 10 de marzo de 1999, Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. solicitou a autorización administrativa para efectos de competencia do parque eólico de Castelo, de 16,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu a información pública a citada solicitude para os efectos de competencia que establece o artigo 11 do Decre

to 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante Resolución do 6-4-1999, publicada no Boletín Oficial del Estado, do 3 de maio e no Diario Oficial de Galicia, do 25 de maio. Unha vez finalizado o prazo de 20 días que se fixa na citada resolución, non se presentou ningunha solicitude en competencia.

Terceiro.-Con data do 4 de agosto de 2000, Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de efectos ambientais e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico de Castelo, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, xa mencionado, Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 7 de setembro de 1999, publicada no Boletín Oficial del Estado, do 16, no xornal El Ideal Gallego, do 18, no Diario Oficial de Galicia, do 20, no BOP da Coruña, do 22, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Tordoia e Coristanco.

Durante a fase de información pública non se recibiron alegacións:

Quinto.-O 2 de febreiro de 2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto. As características básicas son:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeConcellosVértices

XY

CasteloTordoia522.0004.774.000
Coristanco527.0004.772.000
527.0004.766.000
525.0004.766.000
522.0004.771.000
522.0004.774.000

Características básicas do proxecto:

ConceptoUds.

Nº de aeroxeradores tipo Gamesa G-47-66025 Uds.

Potencia unitaria por aeroxerador660 kW

Potencia total instalada16,5 MW

Producción anual neta estimada41.250 MWh/ano

Investimento previsto 2.325.000.000 de pesetas

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

25 centros de transformación equipados con transformadores de potencia unitaria 775 kVA e relación de transformación de 0,69/20 kV, dos que parte a rede de 20 kV subterránea paralela as vías ata a chegada á subestación eléctrica.

Subestación eléctrica 20/66 kV equipada por un transformador de potencia de 25 MVA, un transformador para servicios auxiliares de 250 kVA de potencia e tensións 20/0,38-0,22 kV e tódolos aparellos de protección, telemando, telecontrol, sinalización e medida nas cabinas de 20 kV e no lado de 66 kV.

Sexto.-O 2 de marzo de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autorizarlle a Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico de Castelo, que se situará nos concellos de Tordoia e Coristanco.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 46.500.000 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, alínea 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 2.325.000.000 de ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 2 de marzo de 2000, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, polo incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria