Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/65-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Ponte da Pedra.

Situación: Melide e Toques.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 256 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Vilariño e final no C.T. aéreo de Ponte da Pedra de 50 kVA. Rede de baixa tensión do C.T. anterior de 640 m en conductor R.Z. e reforma da R.B.T. do C.T. Irago de 747 m. Concellos de Toques e Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña