Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. San Roque-Palomas.
Situación: Ferrol.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 640 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al que xunta o C.T. de San Roque co C.T. de Palomas. Concello de Ferrol.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de marzo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña