Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado entre a Administración da Xunta de Galicia e o Comité Intercentros do Persoal Laboral sobre roupa de traballo e calzado profesional.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2 e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta direción xeral se presentou o 15 de marzo de 2000 certificación do secretario da comisión paritario do III convenio colectivo único da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo acadado sobre roupa de traballo e calzado profesional.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Acordo entre a Administración da Xunta de Galicia

e o Comité Intercentros do Persoal Laboral

O artigo 40.2º da Constitución española de 1978 di:

«Os poderes públicos fomentarán unha política que garanta a formación e readaptación profesionais, velarán pola seguridade e hixiene do traballo e garantirán o descanso necesario, mediante a limitación da xornada laboral, as vacacións periódicas retribuídas e a promoción dos centros adecuados».

A nivel da Unión Europea atopámonos, entre outras, coa Directiva marco 89/391, do 12 de xuño de 1989, relativa á aplicación de medidas para promove-la mellora da seguridade e da saúde dos traballadores no traballo, e a Directiva 89/656, do 30 de novembro de 1989, relativa ás prescricións mínimas que deben te-los equipos de protección persoal dos traballadores.

A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais garante no seu artigo 14.1º o dereito dos traballadores a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo, e no artigo 17.2º establece o deber do empresario de proporcionar ós seus traballadores os equipos de protección individual adecuados para o desempeño das súas funcións.

Por outra banda, o artigo 33.1º da devandita Lei 31/1995 preceptúa o deber do empresario de consultar ós representantes dos traballadores a adop

ción de decisións relativas, entre outras, a planificación e a organización do traballo na empresa e a introducción de novas tecnoloxías, en todo o relacionado coas consecuencias que estas puideran ter para a seguridade e a saúde dos traballadores, derivadas da elección dos equipos, a determinación e a adecuación das condicións de traballo e o impacto dos factores ambientais no traballo.

Por último, o artigo 42 do III convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia obriga a facilitar ó persoal ó servicio da Xunta de Galicia roupa e calzado profesional, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran, comprometéndose as partes asinantes do convenio a adapta-lo contido do devandito artigo ás peculiaridades de cada categoría.

En virtude de todo o anterior e coa autorización da Consellería de Economía e Facenda os representantes da Administración na comisión paritaria e as organizacións sindicais UGT, CC.OO., CSI-CSIF e CIG acordan:

Primeiro.-O presente acordo é de aplicación ó persoal laboral que estea en cactivo e preste os seus servicios na Xunta de Galicia desde o 1 de xaneiro de 1999.

Segundo.-Este acordo ten o carácter de mínimo e non impide que as consellerías poidan melloralo, someténdose, en todo caso, ás condicións xa pactadas ou que se poidan pactar no futuro entre os comités de empresa e as consellerías respectivas. No suposto de desacordo entre a consellería e o comité de empresa, a comisión paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do convenio determinará a solución máis axeitada ó suposto formulado.

Terceiro.-O persoal sometido ó presente acordo ten dereito a que se lle entregue a cantidade e clase de roupa especificada no anexo I do acordo.

Cuarto.-A roupa e calzado profesional facilitada adaptarase ás traballadoras que se atopen na situación de embarazo ou lactación.

Quinto.-Se se observara na roupa de traballo facilitada unha deterioración superior á normal de forma que imposibilite ou menoscabe a súa utilización, sempre que a deterioración non responda á acción voluntaria do traballador, será reposta no momento anterior ó vencemento da data de entrega establecida.

Sexto.-No suposto de cobertura temporal de postos de traballo, se a duración do contrato se prevé que será dun tempo mínimo de seis meses, entregaráselles a roupa prevista para a súa categoría, obrigándose ó traballador/a a devolve-la roupa usada no momento do seu cesamento.

Os stoks existentes en almacéns de uniformes usados e devoltos, que poidan ser reutilizables, aproveitaranse asignándoos ó persoal non fixo das distintas categorías que teñan un contrato temporal dunha duración inferior ós seis meses.

O calzado profesional que se entregue ó persoal laboral temporal terá que posuír unhas axeitadas condicións mínimas de hixiene e calidade. Se existise conflicto entre o traballador temporal e a consellería respectiva sobre a calidade do calzado entregado, será a comisión paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do convenio a encargada de dirimi-lo conflicto presentado.

Sétimo.-A Xunta de Galicia comprométese a entregar ó persoal sometido a este acordo, ademais da roupa e calzado profesional relacionado no anexo I deste acordo, a roupa prevista na normativa específica e que sexa de obrigado cumprimento.

Oitavo.-O persoal a que se refire o presente acordo virá obrigado a vestir, durante a relación do seu traballo. A roupa ou elementos de identificación facilitados pola Xunta de Galicia. O uniforme é de uso exclusivo durante a xornada laboral, a excepción de que se realicen xestións ou traballos específicos que requiran a súa utilización.

Noveno.-Os equipos de protección individual de riscos para a saúde e a seguridade que se entregue ó persoal afectado polo presente acordo deberán contar coa correspondente certificación de prototipos expedida polo Centro Nacional de Medios de Protección dependente do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene.

Décima.-O presente acordo entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, por un período de catro anos, prorrogables anualmente, a non ser que exista denuncia do mesmo por algunha das partes asinantes.

E para que conste remátase a sinatura do presente acordo, en Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de dous mil.

Ramón del Valle López

Presidente

Rafael López Aguilera

Secretario

Polas consellerías:

Consellería da Presidencia e Administración Pública: Santiago Suárez Martínez.

Consellería de Economía e Facenda: Alejandro Fernández Rodríguez.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda: José Antonio Fraga Calza.

Consellería de Industria e Comercio: Lourdes Courtier Ramos.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo: Miguel Ares Casal.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria: Elena Nimo Mayo.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura: Marta Ramos Lage.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais: Mª Dolores Sáez Madrid.

Consellería de Medio Ambiente: Jaime Baltar Tojo.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Marina García Valeiras.

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude: Alfonso Barros Castro.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: Rodrigo López Asorey.

Polas organizacións sindicais:

O representante de CC.OO.: Manuela Domínguez Amoscótegui.

O representante de UGT: Manuel Pena Santar.

O representante da CIG: Manuel Faccorro Casal.

O representante do CSI-CSIF: Inés Seoane Díaz.

ANEXO I

Roupa e calzado profesional para o persoal laboral da Xunta de Galicia

CategoríaNúmeroDescriciónEntrega

Grupo I

(11)Pedagogo
(6)Psicólogo2Batas brancasAnual
(23)Documentalista2Pares zocos ou tenis

(2)Médico2Batas ou pixamas
(15)Médico rehabilitador2Pares de zocos ou tenisAnual

(3)Químico2Batas brancasAnual
(10)Biólogo
(22)Farmacéutico2Pares zocos ou tenis

Roupa de auga para o persoal que traballa

nos departamentos de condicións oceanográficos e fitoplancto e microbioloxía e patoloxía, no centro de control de cultivos mariños, que consiste en:

-1 chaquetón e pantalón de augaBienal
-1 par de botas de augaAnual
-1 forro polarBienal
-1 chaleco salvavidasBienal
-1 Mandilón antiácidos para a categoría (3) QuímicoC/3 anos

CategoríaNúmeroDescriciónEntrega

Grupo II

(2)ATS2Pixamas sanitarios ou batasAnual
(3)Estimulador2Pares zocosAnual
(11)Fisioterapeuta1Chaqueta punto azulBienal

(20)Terap. ocupacional2Batas brancas ou 2 pixamas sanitariosAnual
(13)Logopeda2Pares zocosAnual
(3)Psicomotricista
(21)Monitor ocupacional

(6)Educadores2BatasAnual
1Par de zocos ou tenis

(6)Educador de centros de menores1Par tenisAnual
1ChándalAnual

(31)Restaurador2Batas brancasAnual
2Pares tenisAnual

Grupo III

(4)Gobernante1Saia ou pantalónAnual
(78)Subgobernante2CamisasAnual
2Pares zapatosAnual
1Chaqueta punto azulBienal

(32)Encargado reprografía2BatasAnual

(5)Encargado almacén
(6)Encargado mantemento2Conxunto cazadora/pantalón ou fundaBienal
(1)Encarg. Equip. Mecán.2CamisasAnual
(81)Almaceneiro
(10)Encargado traballos1Par zapatos de gomaAnual
Cando as circunstancias do traballo o requiran, unhas botas de auga e anorakBienal

(8)Encargado CPTOPV2Conxuntos cazadora/pantalón ou fundaBienal
(23)Celador-camiñeiro1Par zapatos goma ou botasAnual
(60)Aux. Téc. obras1Par botas de augaAnual
(64)Oper. máquina pesada1Traxe de augaBienal
(67)Capataz obras1AnorakBienal
(68)Capataz agrícola1XerseiAnual
(7)Técnico Vix. obras
(19)Capataz de brigada
(92)Capataz forestal2CamisasAnual

(3)Controlador pecuario1Conxunto cazadora/pantalón ou fundaAnual
(11)Encargado agrario1Par zapatos goma ou botasAnual
1Par botas de augaBienal
1Traxe augaBienal
1AnorakBienal
2CamisasAnual

(88)Capataz explotación marisqueira1Par de botas de gomaAnual
(25)Capataz Coord. pesca1VadeadoresAnual
1Roupa de auga verán: pantalón e chaquetaBienal
1Roupa de auga inverno: pantalón e chaquetaBienal
1Luvas de gomaAnual
1Luvas de traballoAnual

(95)Topógrafo1Par botas de seguridadeBienal
1Par botas de augaTrienal
1AnorakBienal
1Traxe de augasTrienal

(63)Conductores1Camisa veránm/c anual
1Camisa inverno m/lAnual
1Par zapatos de gomaAnual
1Conxunto cazadora/pantalónAnual

(12)Mestre taller1Par tenisAnual
(66)Axud. taller1BataAnual

(16)Especialistas oficios
(86)Oficial 1ª mecánico2Conxunto cazadora/pantalónBienal
(69)Oficial 1ª mantemento
(84)Oficial 1ª calefactor2CamisasAnual
(70)Oficial 1ª fontaneiro
(72)Oficial 1ª1Par zapatos de gomaAnual
(73)Oficial 1ª carpinteiro
(74)Oficial 1ª albanel
(75)Oficial 1ª pintor1Par de botas de auga e 1 anorak cando as circunstancias do traballo o requiraBienal
(76)Oficial 1ª electricista
(67)Xefe equipo

CategoríaNúmeroDescriciónEntrega

(14)Xefe cociña2Pantalóns e 2 blusóns ou guerreira m/c ou guerreira m/lAnual
(65)Oficial 1ª cociña2Gorros ou 2 picosAnual
2Mandís (hule-tea)Anual
2ZocosAnual
2ManguitosAnual

(20)Mestre industrial2Conxunto cazadora/pantalónBienal
2CamisasAnual
1Par zapatosAnual

(17)Analista laboratorio1Mandilón antiácidosC/3 anos
(18)Marcador metais2Batas brancasAnual
(26)Axud. Técnic. laboratorio2Pares zocosAnual
(61)Oficial laboratorio
(8)Encargado laboratorioCando as circunstancias de traballo o requiran 1 traxe de auga e 1 par de botas de augaBienal

(98)Auxiliar de luces
(37)Técnico de son1Anorak negroC/2 anos
(43)Encarga. Estruc. Esc.2Viseiras negrasAnual
(45)Técnico de luces2Conxunto cazadora/pantalón negroAnual
2Pares botas de seguridadeAnual
1Chaleco negroAnual
4Calcetíns ou medias negrasAnual

(46)Técnico Máquin.1Anorak negroC/2 anos
(39)Rexidor escea2Viseiras negrasAnual
(97)Auxiliar de son2Conxunto cazadora/pantalón negroC/2 anos
2Pares botas de seguridadeAnual
1Chaleco negroAnual
3Calcetíns ou medias negrasAnual

(50)Técnico especialista en xardín de infancia1*PixamaAnual
1ChándalBienal
1*Par zocosAnual
1Par zapatillas deportivasBienal
1Chaqueta punto azulBienal

Grupo IV

(2)Oficial 2ª mecánico2Cazadora/pantalónBienal
(6)Oficial 2ª mantemento1Par zapatos gomaAnual
(18)Oficial 2ª2CamisasAnual
Cando as circunstancias de traballo o requira 1 par de botas de auga e 1 anorakBienal

(3)Auxiliar de clínica2Pixamas sanitariosAnual
1Chaqueta punto azulBienal
2Pares zocosAnual

(4)Auxiliar coidador2Batas e zocosAnual
(10)Auxiliar puericultor

Para os centros de menores

1Chándal e 1 par zapatillas deportivasAnual

(5)Oficial 2ª cociña2Pantalóns e 2 blusóns ou guerreira m/c ou guerreira m/lAnual
2Gorros ou 2 picosAnual
2Mandís (hule-tea)Anual
2Pares zocosAnual
2ManguitosAnual

(7)Garda xurado fluvial
Garda explotación vixilante de explotación2CamisasAnual
2Conxunto cazadora/pantalónBienal
(8)Oficial 2ª topógrafo1Par botasAnual
(9)Oficial 2ª agrícola1Par botas de augaBienal
(31)Legoeiro1Traxe de augaBienal
1AnorakBienal

(16)Conductores2Pares fundas ou 2 conxuntos cazadora/pantalónBienal
1Par zapatos de goma ou botas de gomaAnual
2CamisasAnual

(25)Tremoista1Anorak negroC/2 anos
2Viseiras negrasAnual
2Conxunto cazadora/pantalón negroC/2 anos
2Pares botas de seguridadeAnual
1Chaleco negroAnual
3Calcetíns ou medias negrasAnual

CategoríaNúmeroDescriciónEntrega

Grupo V

(1)Camareira-limpadora2Batas ou pixamasAnual
(11)Limpadora1Chaqueta punto azulBienal
(12)Mozos de servicio2Par zocos ou tenisAnual

(1)Axudante cociña2Pantalóns e blusóns ou guerreiras m/c ou guerreiras m/lAnual
2Gorros ou 2 picosAnual
2Mandís (hule-tea)Anual
2Pares zocosAnual
2ManguitosAnual

(2)Axud. traballos2Conxunto cazadora/pantalón ou funda ou bataBienal
(12)Peón1Par botas ou zapatos de gomaAnual
(12)Mozos de servicio2CamisasAnual
Consellería de Sanidade1Par de botas de auga e 1 anorak cando as circunstancias do traballo o requiraBienal

(8)Peón agrario2Fundas azuisAnual
2BotasAnual
1AnorakC/2 anos
1Traxe augaC/2 anos
1Botas augaC/2 anos

(5)Perruqueiro2Batas ou pixamasAnual
2Pares zocosAnual

(9)Vixilante recursos2CamisasAnual
2Conxunto cazadora/pantalónBienal
1Par botasAnual
1Par botas de augaBienal
1Traxe de augaBienal
1AnorakBienal

(3)Ordenanza1Traxe veránBienal
(4)Garda xurado1Traxe invernoBienal
2CamisasAnual
1Garabata negra ou lazo ou foulardAnual
1Par zapatos piso solaBienal
1Par zapatos piso gomaBienal

(13)Mozo de autopsia1Pixama sanitarioAnual
1Máscara cirúrxicaAnual
1Gorro de quirófanoAnual
1Par de zocosAnual
1Par guantes tecido anticortes protección anti-sidaAnual
1Gafas protección anti-salpicadurasAnual
1Mandil plásticoAnual

(63) Conductores do parque móbil: a establecida na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23-11-1994 que desenvolve o Decreto 327/1994.

(*) Agás na 1ª entrega que será de dúas pezas.