Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e bebidas frías e sólidos nos edificios provinciais.

Obxecto: determinación das condicións para a instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e bebidas frías e sólidos nos centros provinciais.

Lugar de entrega e instalación: Pazo provincial.

Prazo de autorización da instalación: ata o 31 de decembro de 2003.

Prazo de entrega e instalación: 20 días.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Canon: a empresa implantadora aboará á deputación, dentro do prazo máximo de 15 días contados desde a notificación da adxudicación, e antes da sinatura do contrato, unha cantidade fixa en concepto de canon anual, por cada máquina de bebidas quentes e frías e sólidos que instale nos edificios provinciais. O seu importe virá establecido na oferta económica presentada polo adxudicatario.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña, teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite, ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 26 de abril de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía.

Secretario da Diputación Provincial da Coruña