Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000 pola que se resolve parcialmente a convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes na corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 87, do 7 de maio de 1999.

De conformidade co establecido nas bases da convocatoria do concurso específico entre funcionarios para prover postos de traballo vacantes nesta corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 87, do 7-5-1999, resolver parcialmente o devandito concurso e, por proposta das respectivas comisións de valoración nomeadas para o efecto, designa-lo funcionario que figura a seguir para cubri-lo posto que así mesmo se indica:

Posto de traballo: xefe servicio.

Adscrición: Servicio de Fiscalización.

Apelidos e nome: Domínguez Vila, Julio.

DNI: 34.589.188-V.

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a presidencia desta deputación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados tamén a partir do día seguinte ó da devandita publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Admi

nistrativo da Coruña, conforme o disposto no artigo 46.1º, en relación co 8.1º da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente por parte dos interesados.

A Coruña, 23 de marzo de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña