Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

O Concello de Xermade (Lugo), anuncia concurso relativo á execución da obra de acondicionamento do camiño de Pena a Mazandoi (Piñeiro), polo procedemento aberto.

Prazo de execución: 9 meses.

Tipo de licitación: 16.600.000 pesetas (99.768,01 euros).

Fianzas: provisional, 2% do tipo de licitación e 4% do importe do remate, a definitiva.

Información: Concello de Xermade (Lugo). Teléfonos: 982 50 10 01 e 50 10 02.

Prazo e horas nas que poderán presentarse proposicións na secretaría: de 9 a 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de ofertas en acto público: ás 13 horas do día seguinte hábil ou en que remate o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello.

O importe dos anuncios derivados da publicación da licitación será por conta do adxudicatario.

Xermade, 1 de abril de 2000.

Manuel González Fernández

Alcalde