Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

O Concello de Xermade (Lugo), anuncia concurso relativo a execución da obra de rehabilitación da antiga escola de nenos e nenas da parroquia de Cabreiros, situada no lugar de Chao, para destinala a centro sociocultural e xuvenil, procedemento aberto.

Prazo de execución: 9 meses.

Tipo de licitación: 27.000.000 de pesetas (162.273,26 euros).

Fianzas: provisional, 2% do tipo de licitación e 4% do importe do remate, a definitiva.

Prazo e horas nas que poderán presentarse proposicións na secretaría: de 9 a 14 horas durante os 16 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de ofertas en acto público: ás 13 horas do día seguinte hábil ou en que remate o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello.

O importe derivado da publicación da licitación será por conta do adxudicatario. Anuncios.

Clasificación que se esixe: C.2.b.

Información: Concello de Xermade (Lugo). Teléfono: 982 50 10 01 e 50 10 02.

Xermade, 1 de abril de 2000.

Manuel González Fernández

Alcalde