Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 19 do PXOU sobre infraestructura eléctrica. (Expediente 5593/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 27 de marzo de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 19 do PXOU relativa á normativa urbanística reguladora da infraestructura eléctrica, conforme a última documentación elaborada e presentada pola empresa Unión Fenosa con data do 10-3-2000, na que se incorporan xa as correccións introducidas por indicación dos servicios técnicos municipais.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP e nun xornal dos de maior circulación da provincia, e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina de Información Pública da Xerencia Municipal de Urbanismo, sita na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren desco

ñecidos ou ignorando o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 13 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo