Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 14 de abril de 2000, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social -Inludes-.

2. Obxecto: subministración de diverso material (pedras, granitos, etc.) para a escola obradoiro Santo Ángel III.

3. Orzamento: trinta e dous millóns cincocentas setenta e dúas mil (32.572.000 pesetas).

4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2000.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Sección de Servicios XeraisNegociado de Xestión de Programas Rexistro e Información.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do día seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Registro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 87, do 14 de abril de 2000.

Lugo 14 de abril de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo