Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Cervo, pola que se fai pública a convocatoria de licitación para a adquisición de equipos informáticos (hardware + sistema operativo) con destino ás oficinas municipais do Concello de Cervo. Modalidade, contrato de subministración (artículo 172 e seguintes da Lei 13/1995 do 18 de maio).

Para dar cumprimento ó disposto no artigo 326 da Lei de Administración local de Galicia faise público que comeza o antedito proceso de licitación.

Obxecto do contrato: adquisición de equipos informáticos (hardware + sistema operativo) con destino ás oficinas municipais do Concello de Cervo. (15 ordenadores, 15 impresoras, 1 impresora láser para rede, 1 servidor e o cableado de voz e datos por tódalas dependencias municipais da Casa do Concello, tendo en conta que un ordenador estaría conectado on line). Demais características técnicas descritas no prego de cláusulas.

Procedento e forma de adxudicación: procedemento aberto. Tramitación urxente. Forma concurso.

Tipo de licitacion: de 9.500.000 pesetas, IVE e demais tributos e gastos incluídos.

O prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estará á disposición dos interesados nas oficinas municipais. O prazo para presentar propostas virá determinado pola publicación do anuncio de licitación, en modelo normalizado, no BOP (Lugo).

Para máis información chamar o teléfono: 982 55 77 77, en horario de oficina.

Aclárase, en canto ó servidor, que está prevista a súa adquisición polo sistema de leasing ou arren

damento financeiro. O prezo máximo do servidor será de 1.500.000 pesetas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cervo, 11 de abril de 2000.

José Insua Pernas

Alcalde