Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Concurso público con procedemento aberto para adxudicación do contrato dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cabanas.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión realizada o 16 de marzo de 2000, o prego de cláusulas económico-administrativas e prescricións técnicas para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cabanas (publicado no BOP nº 74, do 30 de marzo de 2000) convócase concurso con procedemento aberto para adxudicación do contrato dos referidos traballos.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Cabanas.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Redacción do Plan Xeral de Ordenación do Concello de Cabanas.

b) División por lotes e número: non.

c) Presentación de variantes/alternativas: non se acepta.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico.

Tipo de licitación máximo: 14.000.000 de pesetas (IVE incluído).

Para o pagamento dos traballos, o orzamento de adxudicación resultante distribuirase nas seguintes fases:

1ª Fase: sinatura do contrato: 10%.

2ª Fase: entrega do avance: 30%.

3ª Fase: entrega documento para aprobación inicial polo pleno: 40%.

4ª Fase: entrega documento refundido final: 20%.

5. Garantías.

Provisoria: 280.000 pesetas, 2% tipo de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Domicilio: rúa do Concello, 2.

c) Localidade e código postal: Cabanas, 15621.

d) Teléfono: 981 49 59 59.

e) Fax: 981 43 19 44.

f) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio no DOG ata as 13 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

Os que figuran no prego de condicións publicado no BOP nº 74, do 30 de marzo de 2000.

8. Presentación de solicitudes de participación e ofertas.

Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que hai que presentar.

A que consta no prego de condicións (BOP nº 74, do 30 de marzo de 2000).

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cabanas.

As proposicións non presentadas directamente comunicarase por fax ou telegrama antes da data na que remata o prazo de presentación, debendo acreditarse a data de envío da documentación.

10. Apertura de plicas.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Domicilio: rúa Concello, 2.

c) Localidade: Cabanas.

d) Data: primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo para a presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

11. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Cabanas, 30 de marzo de 2000.

José C. Rey García

Alcalde accidental