Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no ordenamento vixente, faise público que o Concello Pleno, en sesión realizada con data do 13 de abril de 2000, acordou a suspensión do procedemento de concesión de licencias no polígono delimitado polas rúas nº 6, 14 e 21 e polo sistema xeral de espacios libres de uso e dominio público que representa o paseo marítimo de Barraña, co alcance e vixencia dispostos no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOP ou no DOG, sen prexuízo de que poidan interpor recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou o presente acordo no prazo dun mes segundo o disposto no artigo 52.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, ou utilizar calquera outro recurso que coiden oportuno.

Boiro, 14 de abril de 2000.

Jesús Alonso

Alcalde