Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARALLA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Baralla.

2. Obxecto do contrato: a execución da obra de terminación de obras de reforma e acondicionamento das escolas para destinalas a centro sociocultural e xuvenil.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: fíxase na cantidade de 37.000.000 de pesetas.

5. Prazo de execución: 6 meses.

6. Garantías: definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista: a clasificación mínima esixida, conforme a normativa específica é: grupo C, subgrupo 4, categoría C.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 dias naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións na cláusula 9ª.

9. Apertura de plicas: realizada pola mesa de contratación, na casa do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Baralla, 14 de abril de 2000.

Manuel J. González Capón

Alcalde