Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de transporte para o persoal facultativo e sanitario non facultativo para o punto de atención continuada de Vilalba. C.P. 1/2000.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Dog nº 88, do 11 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita.

Obxecto: transporte do persoal facultativo e sanitario non facultativo desde o punto de atención continuada de Vilalba ós domicilios das persoas aseguradas dos municipios de Vilalba, Xermade, Muras, Abadín e Cospeito (e viceversa) segundo o prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas. C.P. 1/2000.

Orzamento: máximo autorizado anual de dous millóns cincocentas mil pesetas, (2.500.000 ptas.) (IVE incluído) (15.025,30 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2000.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, Praza do Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono 982 29 63 29; 29 63 96 e 29 62 19; fax 982 29 62 28; tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Cincuenta mil pesetas (50.000 ptas. ou 300,51 euros).

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación.

a) Prezo: 11.

b) Calidade da prestación: 9.

-Experiencia na prestación do servicio.

-Modelo, antigüidade e km do vehículo adscrito ó servicio.

-Medidas de seguridade do vehículo.

Clasificación.-Non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax 982 29 62 28, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 14 de abril de 2000.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director gerente de Atención Primaria de Lugo