Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2000, do tribunal designado para xulga-las probas para a constatación da capacitación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor convocadas por Resolución do 20 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se modifica o horario das probas e se anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Por mor do elevado número de solicitudes recibidas e de conformidade co establecido na base cuarta punto 4 da Resolución de 20 de xaneiro pola que se convocaban probas para a constatación da capacitación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor.

Este tribunal

RESOLVEU:

Primeiro.-Anuncia-la exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, de conformidade coa base cuarta punto 4 da Resolución do 20 de xaneiro de 2000 (DOG nº 24, do 4 de febreiro), nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Segundo.-Modifícase o horario das probas quedando establecido do seguinte modo:

-9.30 h. Transporte interior e internacional de mercadorías para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-H (ámbalas dúas inclusive).

-16.30 h. Transporte interior e internacional de mercadorías para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras I-Z (ámbalas dúas inclusive).

-9.30 h. Transporte interior e internacional de viaxeiros para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras I-Z (ámbalas dúas inclusive).

-16.30 h. Transporte interior e internacional de viaxeiros para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-H (ámbalas dúas inclusive).

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal