Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de marzo de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro privado Calasanz Masculino da Coruña.

Examinado o expediente incoado por Urbano Peña Sáiz, titular do centro privado Calasanz Masculino da Coruña, en solicitude de cambio de denominación do devandito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Coruña, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada favorablemente pola Inspección de Educación e pola propia delegación provincial.

Resultando que o referido centro ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991 (BOE do 26 de xuño), marzo), Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro privado Calasanz Masculino da Coruña, que pasa a denominarse Calasanz-PP. Escolapios.

O cambio de denominación non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos

artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria