Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.684

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 29 de febreiro de 2000, correspondentes á categoría 3 (auxiliar de clínica e outros) (lista B) do grupo IV.

O Conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 4 de abril de 2000,

resolución estimatoria dos recursos formulados por: Silvia Fraga Castro e Cristina Rivera Carballada e, con data do 11 de abril de 2000, resolución estimatoria dos recursos formulados por: Paula Capón Barja, María Bautista Blanco, Magdalena Vaccarello Prado e Victoria Fraga, contra a Resolución do 29 de febreiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 3 (auxiliar de clínica e outros) (lista B) do grupo IV.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións das interesadas, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 29 de febreiro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura, con carácter temporal, de postos correspondentes á categoría 3 (auxiliar de clínica e outros) (lista B) do grupo IV, cos datos seguintes:

Silvia Fraga Castro, DNI: 32.788.388, lista B. Puntuación: 1,910 puntos.-No posto número 75 para o ámbito X1502.-No posto número 53 para o ámbito X1503.-No posto número 221 para o ámbito X1505.-No posto número 100 para o ámbito X1506.-No posto número 42 para o ámbito X1510.-No posto número 85 para o ámbito X1514.

Cristina Rivera Carballada, DNI: 34.265.657, lista B. Puntuación: 2,000 puntos.-No posto número 71 para o ámbito X1502.-No posto número 94 para o ámbito X1506.-No posto número 18 para o ámbito X1507.-No posto número 38 para o ámbito X2702.-No posto número 25 para o ámbito X2703.-No posto número 122 para o ámbito X2705.-No posto número 67 para o ámbito X2707.-No posto número 25 para o ámbito X2708.-No posto número 124 para o ámbito X2710.-No posto número 29 para o ámbito X3203.-No posto número 67 para o ámbito X3610.

Paula Capón Barja, DNI: 33.334.339, lista B. Puntuación: 0,950 puntos.-No posto número 203 para o ámbito X2705.

María Bautista Blanco, DNI: 76.700.343, lista B. Puntuación: 7,000 puntos.-No posto número 19 para o ámbito X2710.

Magdalena Vaccarello Prado, DNI: 00.329.451, lista B. Puntuación: 1,750 puntos.-No posto número 149 para o ámbito X2705.-No posto número 80 para o ámbito X2707.-No posto número 147 para o ámbito X2710.-No posto número 48 para o ámbito X2711.

Victoria Fraga Haz, DNI: 32.817.512, lista B. Puntuación: 1,800 puntos.-No posto número 32 para o ámbito X1501.-No posto número 82 para o ámbito X1502.-No posto número 58 para o ámbito X1503.-No posto número 26 para o ámbito X1504.

-No posto número 233 para o ámbito X1505.-No posto número 107 para o ámbito X1506.-No posto número 23 para o ámbito X1507.-No posto número 33 para o ámbito X1508.-No posto número 43 para o ámbito X1509.-No posto número 49 para o ámbito X1510 .-No posto número 31 para o ámbito X1511.-No posto número 46 para o ámbito X1512.-No posto número 64 para o ámbito X1513.-No posto número 92 para o ámbito X1514.-No posto número 24 para o ámbito X2701.-No posto número 45 para o ámbito X2702.-No posto número 28 para o ámbito X2703.-No posto número 14 para o ámbito X2704.-No posto número 141 para o ámbito X2705.-No posto número 39 para o ámbito X2706.-No posto número 75 para o ámbito X2707.-No posto número 27 para o ámbito X2708.-No posto número 40 para o ámbito X2709.-No posto número 138 para o ámbito X2710.-No posto número 43 para o ámbito X2711.-No posto número 36 para o ámbito X2712.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública