Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.684

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 6 do grupo I (titulado superior psicólogo) (lista B), publicada por Resolución do 15 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 6 do grupo I (titulado superior psicólogo) (lista B) publicada na Resolución do 15 de marzo de 2000 (DOG nº 57, do 22 ), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105-2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír a Manuel A. Juncal Gil, con DNI nº 52.493.743, no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 87, no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 72, en todos eles cunha puntuación 0,75 puntos.

Incluír a Verónica Fernández Pérez, con DNI nº 77.594.479, no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 77, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 66, no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 51, no ámbito xeográfico D3200 co número de orde 46, no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 63, en todos eles cunha puntuación de 0,76 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública