Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.682

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2000 pola que se convocan dous cursos de actualización en materia de tiro.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2000 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de Creación da Academia Galega de Seguridade,

anúnciase a realización de dous cursos sobre actualización en materia de tiro, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases

Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivos a formación básica en materia de armamento, o estudio da arma regulamentaria, a súa conservación, limpeza e mantemento e conseguir un adecuado nivel de destreza no manexo das armas e no tiro policial.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos Corpos da Policía Local de Galicia e membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan en cada curso é de 20.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 9 de maio, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito levará consigo á non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

Os cursos realizaranse en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

Parte teórica:

a) Normas de seguridade con armas de fogo.

b) Estudio das armas regulamentarias. Pistola-revólver.

-Pistola: clases. Mecánica funcional. Canón fixo e canón móbil.

-Revólver: partes, mecanismos e sistemas que o integran. Mecánica funcional.

Cartuchería:-O proxectil e as súa clases.-A efectividade dos proxectís.-Enerxía cinética. Poder de penetración. Poder de parada.Influencia da deformación e da velocidade.

Cartuchos especiais:-Munición KTW.-Munición QUICK DEFENSE.-Munición SHORT STOP.-Munición HYDRA SHOK.-Munición SAFETY SLUG (Glaser).-Munición T.H.V.-Munición DYNAMIT NOBEL ACTION.-Munición SAFETY GECO.

Coidado das armas. Pistola e revólver.

Avarías e interrupcións máis frecuentes. Limpeza, coidado e conservación.

Parte práctica:

Regras e medidas de seguridade.

-Tiro policial. Empuñamento a unha e dúas mans.

-Tiro instintivo e defensivo, a unha e dúas mans.

-Técnicas de desenfundamento.

Datas.

Os cursos realizaranse nas seguintes datas:

1º curso: do 22 ó 26 de maio.

2º curso: do 29 de maio ó 2 de xuño.

Os cursos desenvolveranse en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 16 de maio no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Os cursos desenvolveranse no Campo de Tiro da Federación, sito en Bando, en Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia.

Ó remate dos cursos entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a eles.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 7 de abril de 2000.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade