Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.685

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 13 abril de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciados pola Orde do 25 de febreiro de 2000.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, por Orde do 25 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 47, do 8 de marzo), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada

pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de confirmidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 25 de febreiro de 2000.

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo e tal como dispón a base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Apelidos e nome: Pastor Rey de Viñas, Juan Carlos.

N.R.P: 0414734713 A2066.

Grupo: A.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia.

Código posto: MA.C03.00.001.15770.007.

Denominación posto: xefe do Servicio de Xestión de Montes.

Centro directivo: Dirección Xeral de Montes e M.A.N.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel C. destino: 28.

Apelidos e nome: Marquina Olmedo, Jesús Bernardo.

N.R.P.: 3458721668 A2060.

Grupo: A.

Corpo/escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Código posto: MA.C03.00.003.15770.009.

Denominación posto: xefe do Servicio de Caza e Pesca Fluvial.

Centro directivo: Dirección Xeral de Montes e M.A.N.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel de C. destino: 28.

Apelidos e nome: Suárez Silva, Martina.

N.R.P.: 3244990702 A2053.

Grupo: C.

Corpo/escala: corpo administrativo Xunta de Galicia.

Código posto: MA.C99.10.000.15001.084.

Denominación posto: xefe da Sección de Habilitación e Xestión Económica.

Centro directivo: Delegación Provincial.

Localidade: A Coruña.

Nivel de C. destino: 24.