Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.680

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 34/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 40, do luns 28 de febreiro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 2.622, no cadro da dereita, na sala especial de radioloxía, especialidade neurolóxica, o procedemento «Embolizacións» e a súa tarifa por importe de «49.000», debe ser substituído polos dous procedementos seguintes:

«Embolizacións intracraniais», cunha tarifa de «588.591».

«Embolizacións non intracraniais», cunha tarifa de «200.000».