Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de marzo de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica a José Nóbrega Chicharro, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a resolución do expediente sancionador VP-C 5/1998.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle a José Nóbrega Chicharro a resolución do expediente sancionador VP-C 5/1998, por realizar obras non autorizadas, incumprindo os artigos 109 e 110 do Regulamento de VPO conforme o establecido no seu artigo 154.

Á dita infracción correspóndelle unha sanción de multa de 1.000.000 de ptas., sen prexuízo da obriga de cumpri-la orde da obra dada.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que lles sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de marzo de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 5/1998.

José Nóbrega Chicharro.

Lugar de Santa Cruz.

R/ Areal, 4 (Oleiros).