Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de marzo de 2000 pola que se lle notifica a José Francisco Sousa Dias a resolución da Comisión Provincial de Vivenda de Ourense, na que se adxudica unha vivenda de promoción pública no concello de Larouco, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, tentada a notificación no domicilio do interesado sen que se puidera practicar, notifícaselle a José Francisco Sousa Dias a resolución adoptada pola Comisión Provincial de Vivenda na súa sesión do 25 de novembro de 1999, pola que se lle adxudica en compravenda unha vivenda de protección oficial e promoción pública, a vivenda nº 22, da rúa Olmos, no grupo destas construído polo IGVS en Larouco, ó abeiro do expediente OU-97/020.

A devandita vivenda ten unha superficie útil de 82 m, consta con anexos inseparables á vivenda (rocho e garaxe) e o seu prezo total é de 4.979.789 ptas.

Nesta notificación advírteselle ó interesado que no prazo máximo dun mes contado desde a publicación deste acordo, deberá facer efectivo o ingreso da cantidade 265.000 ptas., referidos ó IVE e mailos gastos notariais e rexistrais en calquera oficina bancaria a favor de Habilitación IGVS, na conta aberta para o efecto na entidade financeira Caixavigo e Ourense.

A falta de xustificación documental do ingreso da cantidade sinalada e no prazo indicado, deixará sen efecto a adxudicación da vivenda, conforme o que dispón o artigo 20 do Decreto 98/1992, do 26 de marzo.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Vicepresidente da Comisión Provincial de Vivenda