Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2000, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación de subministracións, polo procedemento aberto mediante concurso público.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca os seguintes concursos públicos:

-Expediente nº: 17/00 área sur e 11/00 área norte.

Obxecto: subministración de material xeral: luvas látex, bolsas esterilización, apósitos autoadhesivos, máscaras osíxeno, xiringas e agullas.

Orzamento: 33.100.600 ptas. (IVE incluído).

-Expediente nº: 18/00 área sur e 12/00 área norte.

Obxecto: subministración de vendas, compresas de gasas, esparadrapo e tea autoadhesiva.

Orzamento: 33.446.500 ptas. (IVE incluído).

-Expediente nº: 19/00 área sur e 13/00 área norte.

Obxecto: subministración de tiras reactivas de urina, tiras reactivas de glicosa no sangue, test de estreptococos e test de embarazo.

Orzamento: 12.823.700 ptas. (IVE incluído).

-Expediente nº: 20/00 área sur e 14/00 área norte.

Obxecto: subministración de papel padiola, secamáns e hixiénico.

Orzamento: 9.531.000 ptas. (IVE incluído).

-Expediente nº: 21/00 área sur e 15/00 área norte.

Obxecto: subministración de apósitos húmidos: alxinatos e hidrocoloides.

Orzamento: 23.835.000 ptas. (IVE incluído).

1. Prazo de entrega.

Os artigos obxecto dos concursos referidos entregaranse no prazo de 15 días contados desde a data de formalización do contrato, e tendo en conta o previsto no punto 2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe cada contratación.

2. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do artigo/s adxudicados.

3. Forma de adxudicación.

Concurso público e procedemento aberto.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase presentando as certificacións ás que se refire o artigo 18 letra e) da LCAP e mostras dos artigos que se vaian subministrar.

6. Criterios de adxudicación.

Os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen os presentes concursos.

7. Documentación de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1ª planta (Vigo), teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

8. Presentación de proposicións.

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións.

A apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores.

A sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios.

O pagamento dos anuncios dos presentes concursos públicos será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 22 de marzo de 2000.

Ángel Martín Santos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra