Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.589

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (159/1999).

Eu, Lorenzo Villapando Lucas, secretario do Xulgado Primeira Instancia e Instrucción número catro

de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 159/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 2000.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas nº 159/1999, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, no que foron parte denunciante os axentes da policía nacional con carnés profesionais 59.933 e 53.693: aparece como parte denunciada José Lamas Fernández, maior de idade. O Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido:

Que debo condenar e condeno a José Lamas Fernández como autor responsable dunha falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade, do artigo 634 do Código Penal, á pena de 40 días de multa a razón de 500 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana. Así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Lamas Fernández, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 21 de marzo de 2000.

O secretario

Rubricado