Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.589

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2000 pola que se corrixen erros na do 25 de febreiro de 2000 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares de servicios, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Detectados erros na reolución rectoral da Universidade de Vigo do 25 de febreiro de 2000 (DOG nº 58, do 23 de marzo), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares de servicios, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, procédese á súa corrección:

Primeiro.-A base 1.1. queda redactada como segue:

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo 44 prazas de auxiliares de servicio, incluídas no grupo V do convenio colectivo para o persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996), polo sistema de promoción interna. A esta oferta inicial de prazas acumularanse aqueloutras que se poidan crear ou xerar antes do remate do proceso selectivo.

Reservarase o 4% das prazas para seren cubertas por persoas con minusvalías cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% (de acordo coa Lei 23/1988, do 28 de xullo).

As prazas non cubertas pola quenda de promoción interna, ofertaranse polo sistema de acceso xeral libre.

Segundo.-No anexo III: tribunal.

Onde di: titular

Secretaria: Mª José Martínez Martín, auxiliar administrativo, que actuará con e sen voto.

Debe dicir: titular:

Secretaria: Mª José Martínez Martín, auxiliar administrativa, que actuará con voz e sen voto.

Vigo, 5 de abril de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo