Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.590

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (137/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas nº 137/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o 17 de novembro de 1999.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas nº137/1999, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, no que foron partes denunciantes os axentes da policía municipal con carnés profesionais 159, coa defensa letrada de

Esperanza Cobas Prieto; aparece como parte denunciada José Rodríguez Calvo, maior de idade. O Ministerio Fiscal non se mostrou parte: Decido: que debo condenar e condeno a José Rodríguez Calvo como autor responsable dunha falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade, do artigo 634 do Código Penal, á pena de 60 días de multa a razón de 500 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana. Asi mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Rodríguez Calvo, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 2000.

O secretario

Rubricado