Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.579

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2000 pola que se convocan varias xornadas sobre a Lei de cooperativas de Galicia.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2000 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse conxuntamente varias xornadas sobre a Lei de cooperativas de Galicia, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Analizar e interpretar, desde a perspectiva xurídica, o réxime das cooperativas sometidas á lei galega, para promove-lo seu coñecemento e facilita-la súa constitución polos empresarios e polos consumidores galegos, como técnica alternativa de organización da empresa social.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

Xornadas de Vigo:

-Consideracións xerais sobre a cooperativa galega e sobre a Lei 5/1998.

-Constitución, estructura e organización interna das cooperativas galegas.

-Modificacións estatutarias e estructurais.

-Cooperativas de crédito e de seguros.

-Cooperativas do mar.

-Aspectos xurídico-públicos.

Xornadas de Lugo:

-Consideracións xerais sobre a cooperativa galega.

-Constitución, estructura e organización interna.

-Modificacións estatutarias e estructurais.

-Cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.

-Cooperativas de traballo asociado.

-Aspectos xurídico-públicos e tributarios.

Xornada de Pontevedra:

-Caracteres da cooperativa galega, constitución. A posición do socio.

-Réxime económico e órganos.

-Cooperativas agrarias.

-Cooperativas e dereito administrativo/Cooperativas de crédito e de seguros.

Xornada de Ourense:

-Consideracións xerais sobre a cooperativa galega e sobre a Lei 5/1998.

-Constitución, estructura e réxime económico. A posición do socio na cooperativa galega.

-Cooperativas sanitarias.

-Cooperativas de traballo asociado e agrarias.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse en:

Vigo: 3 e 4 de maio, no salón de actos do Colexio de Avogados de Vigo, sito na r/ Lalín, nº 4, da citada cidade.

Lugo: 9 e 10 de maio, no salón de actos da Delegación de Presidencia en Lugo, sito na Ronda da Muralla, s/n, da citada cidade.

Pontevedra: 15 de maio, no salón de actos da Delegación de Presidencia en Pontevedra, sito na r/ Benito Corbal, 47, da citada cidade.

Ourense: 30 de maio, no salón de actos da Delegación de Presidencia en Ourense, sito na avenida da Habana, nº 79, da citada cidade.

5. Inscrición.

-Prazos: en Vigo: ata o 28 de abril.

-En Lugo: ata o 5 de maio.

-En Pontevedra: ata o 11 de maio.

-En Ourense: ata o 26 de maio.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obte-la confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono o día anterior ó do comezo de cada unha das xornadas, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública