Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.582

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECIÓN de erros.- Orde do 6 de abril de 2000 pola que se resolve definitivamente a segunda fase do concurso para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia pertencentes ós servicios veterinarios oficialis da Comunidade Autónoma, convocado pola Orde do 29 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 135, do 15 de xullo).

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG nº 76, do 18 de abril, cómpre face-las seguintes rectificacións:

Na páxina 6.439, na columna da dereita, onde di: «A toma de posesión dos funcionarios que pasen destinados á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais realizarase ante as direccións provinciais do Sergas», debe dicir: «A toma de posesión dos funcionarios que pasen destinados á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais realizaranse ante as delegacións provinciais da citada consellería...».