Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.579

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2000 pola que se convoca un curso básico para auxiliares de policía local.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2000, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso básico para auxiliares de policía local, segundo o previsto na disposición adicional segunda da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos dota-los auxiliares de policía local dunha formación teórico-práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa actividade profesional.

Destinatarios.

O curso vai dirixido a todas aquelas persoas que sexan contratadas para desenvolve-la función de auxiliar de policía local durante a temporada de verán, nos concellos de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta, debéndose comunicar esta antes do 8 de maio de 2000 para efectua-la correspondente reserva de praza.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade, solicitando a participación no curso, no que figure a lista de persoas que van ser contratadas como auxiliares de policía local; para efectua-la correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 8 de maio de 2000.

3. Os escritos deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

Contido e duración.

O curso terá lugar en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e nel trataranse entre outras as seguintes materias:

-Intervención policial.

-Tráfico e seguridade vial.

-Policía administrativa.

-Primeiros auxilios.

-Dereito penal.

-Dereito procesual-penal.

O curso terá unha duración de 10 días, cun total de 70 horas lectivas.

Lugar.

O curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

Datas.

O curso desenvolverase do 22 de maio ó 2 de xuño, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Certificado.

Para obte-lo correspondente diploma será requisito indispensable supera-la fase de formación teórica, onde o alumno ten que superar tódalas materias que figuran no programa.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 7 de abril de 2000.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade