Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0000135/1991, interposto pola Asociación pola Defensa da Ría, contra a orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 18 de decembro de 1989 e contra a desestimación por silencio do recurso de reposición contra ela, sobre aprobación definitiva do Plan de Ordenación Urbana de Pontevedra; dictouse a sentencia 905/1993, do 21 de outubro, agora firme, pola que se estimaba parcialmente o dito recurso.
Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 905/1993, do 21 de outubro, que a seguir se transcribe:
«Resolvemos que debemos estimar e estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo deducido pola Asociación pola Defensa da Ría contra a orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas de la Xunta de Galicia do 18 de decembro de 1989, e contra a desestimación por silencio do recurso de reposición contra ela, aprobatoria definitivamente do Plan de Ordenación Urbana do Municipio de Pontevedra; e, en consecuencia, debemos anulala e anulámola en canto cualifica como usos de parque urbano dentro do situado no nó da autoestrada as superficies de parque e talleres da deputación, industrias cerámicas e imprenta municipal; e debemos desestimar e desestimámo-lo recurso no demais».
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda