Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.559

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de marzo de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de marzo de 2000, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Advertido erro no Diario Oficial de Galicia do luns, 10 de abril de 2000, na nota da páxina 4.938, cómpre realiza-la oportuna corrección:

Onde di: «964. Restaurador/a, especialidade de papel (R.I.)» e «964. Restaurador/a, especialidade das artes (pintura e escultura) (R.I.)», debe dicir: «965. Restaurador/a, especialidade de papel (R.I.)» e «966. Restaurador/a, especialidade das artes (pintura e escultura) (R.I.)».