Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de marzo de 2000 pola que se lle notifica a Antonio Picos Barro a resolución pola que se acorda a rectificación do erro producido na resolución, desta dirección xeral, do 10 de setembro de 1999 (expediente C 2CD68, conta 123).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Antonio Picos Barro, beneficiario da vivenda de protección oficial identificada como expediente C 2CD68, conta 123, a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 8 de marzo de 2000, pola que se acorda a rectificación do erro producido na resolución desta dirección xeral do 10 de setembro de 1999, entendéndose que o enderezo ó que fai referencia a dita resolución será rúa Masalla, portal 5, 2º A-esquerda.

Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro de dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo.

Resolución.

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Antonio Picos Barro, beneficiario da vivenda de protección oficial identificada como expediente C 2CD68, conta 123.

Tendo en conta os seguintes:

Feitos.

1. Por resolución desta dirección xeral do 10 de setembro de 1999, dictada no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado contra Antonio Picos Barro, acordábase a resolución de pleno dereito do contrato por incumprimento en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública, e o lanzamento da vivenda.

Por erro, na citada resolución situábase a vivenda na rúa Masalla, portal 5, 2º A-dereita de Ferrol, sendo o enderezo correcto o 2º A-esquerda do mesmo portal e rúa.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la presente resolución o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. O artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemeno administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar en calquera momento de oficio, ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

Vistos.

Os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

Acorda-la rectificación do erro producido na resolución desta dirección xeral do 10 de setembro de 1999, entendéndose que o enderezo ó que fai referencia a dita resolución será rúa Masalla, portal 5, 2º A-esquerda.

Contra a presente resolución que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2000. José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.».

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo