Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 20 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador simplificado 36-3-00, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador simplificado nº 36-3-00, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado, para que no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións considere convenientes, e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 36-3-00.

Inculpado: Núcleo Motor, S.L.

Enderezo: r/ Manuel Lemos, 24-26 A Ramallosa-Nigrán (Pontevedra).

Motivos: o establecemento non exhibe o cartel co horario de apertura; non dispón de follas de reclamacións; non presentou o documento de compravenda da motocicleta obxecto da reclamación.

Data da iniciación: 18-2-2000.

Pontevedra, 20 de marzo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce.

Delegada provincial de Pontevedra