Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000 pola que se fai pública a declaración de deserto do concurso aberto convocado para a contratación do proxecto e obra de construcción de 6 vivendas, garaxes e rochos en Cerdido, A Coruña. (Expediente C-98/050).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracions públicas faise público que por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) do 21 de marzo de 2000, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foi declarado deserto o concurso aberto convocado para a contratación do proxecto e obra de construcción de 6 vivendas, garaxes e rochos en Cerdido, A Coruña. Exp. C-98/050.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo