Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.501

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 91/2000, do 31 de marzo, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Bueu e Marín.

O Concello de Bueu, mediante acordo plenario do 3 de novembro de 1995, iniciou expediente de deslinde entre o seu termo municipal e o do concello de Marín por existir desconformidade coa liña límite existente, achegando a documentación do expediente á Xunta de Galicia.

Tramitado o expediente de acordo co procedemento establecido nas leis 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, o Instituto Xeográfico Nacional emitiu informe con data do 15 de decembro de 1998.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflictos que poidan formularse entre municipios en relación co deslinde dos seus

termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial e da Comisión Galega de Delimitación Territorial, e previo dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-Resolve-la cuestión suscitada entre os concellos de Bueu e Marín, ambos da provincia de Pontevedra, sobre o deslinde dos seus termos municipais, no sentido de considerar válida e vixente a liña límite xurisdiccional que se define na acta

de deslinde de 1938 levantada polo Instituto Xeográfico Catastral, consensuada e recoñecida no seu día polas comisións de ambos concellos e ratificada polo Decreto 202/1994, do 23 de xuño, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, tal e como se reflicte na ortofoto á escala 1:5.000 do Instituto Xeográfico Nacional e que se representa na fotografía aérea que se recolle como anexo deste decreto.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais