Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.500

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO90 /2000, do 31 de marzo, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Amoeiro e Coles.

O Concello de Amoeiro, en sesión plenaria do 18 de abril de 1991, iniciou expediente de deslinde do seu termo municipal co do Concello de Coles, ámbolos dous pertencentes á provincia de Ourense, para determina-la liña límite entre ambos concellos,

solicitando na mesma data a incoación do expediente á Xunta de Galicia.

Tramitado o expediente de acordo co procedemento establecido nas leis 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, o Instituto Xeográfico Nacional emitiu informe con data do 22 de marzo de 1995.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflictos que poidan formularse entre municipios en relación co deslinde dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial e da Comisión Galega de Delimitación Territorial e logo de dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación

do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta e un de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-Resolve-la cuestión suscitada entre os municipios de Amoeiro e Coles, sobre o deslinde dos seus termos municipais, no sentido de considerar válida e vixente a liña límite xurisdiccional que se reflicte na acta de deslinde do 4 de outubro de 1934 e adicional do 30 de xuño de 1945, dado que non existe documento de rango superior nin acordo entre ámbalas dúas corporacións que puideran afectala, tal e como figura no ortofotomapa á escala 1:5.000 do Instituto Xeográfico Nacional e que se representa na fotografía aérea que se recolle como anexo deste decreto.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais