Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.482

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 7 de abril de 2000 pola que se habilitan as librerías para faceren un desconto do 10% o día 24 de abril.

O día 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro; nestas datas o libro sae ás rúas para achegarse ós lectores e permítese a súa venda cunha rebaixa do 10% sobre o prezo, co fin de favorece-la súa difusión e promociona-la lectura. Ó ser este ano o día 23 domingo, considérase oportuno habilita-los libreiros para que poidan face-los descontos autorizados o día 24 de abril, luns, e contribuír deste xeito a promociona-la lectura e o libro.

Polo tanto,

DISPOÑO:

Autorízanse os libreiros de Galicia a realizaren un desconto do 10% sobre o prezo dos libros, o día 24 de abril de 2000 en conmemoración do Día do Libro.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo