Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 27 de marzo de 2000, aprobou inicialmente a modificación do proxecto de delimitación do polígono 1 do Plan Parcial de Ordenación do Sector do Solo Urbanizable Programado Número 5 (SUP-5) da Choupana, promovida polo xunta de compensación do polígono 1 do SUP-5 da Choupana.

Así mesmo, na sesión da asemblea xeral da xunta de compensación do polígono 1 do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, que tivo lugar o día 21 de marzo de 2000 acordouse aprobar inicialmente o proxecto de compensación do citado polígono, solicitando ó abeiro do previsto no artigo 134.1º da LSG a ocupación dos terreos dos propietarios non adheridos á xunta.

Para estes efectos, no proxecto de compensación contense a adxudicación ós propietarios non adheridos dunha indemnización económica ou dunha parcela edificable coa reducción axeitada para compensa-los gastos de urbanización correspondentes.

De conformidade co disposto nos artigos 102.4º e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

De acordo co previsto no artigo 42.6º da LSG este anuncio servirá de citación a tódolos propietarios de paradoiro ou identidade descoñecida que non poidan ser citados persoalmente para o trámite de información pública.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde