Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do día 20 de marzo de 2000, aprobou inicialmente o Plan Parcial do Solo Urbanizable Programado Número 6 (SUP-6). Santa Marta, promovido polos servicios técnicos municipais.

En cumprimento do que dispón o artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do citado plan parcial determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación.

Consonte o artigo 34.1º da LSG, a Comisión de Goberno do Concello acordou a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolicións nos números 69 ó 73 da rúa de Santa Marta de Abaixo e dos números 1 ó 25 da rúa da Choupana, na marxe esquerda, baixando da estrada de Pontevedra, co fin de estudia-la formulación dun estudio de detalle nesa zona.

O ámbito obxecto de ordenación está delimitado polo río Sarela e a Calzada do Carme de Abaixo (á altura dos números 10 ó 13); pola Corredoira das Arrepentidas (a partir do número 7) e pola parte de atrás das edificacións con fronte á rúa de Poza de Bar.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio ou ben interpoñer recurso potestativo de repo

sición perante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde