Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 48, con data do 9 de marzo deste ano, publicáronse as bases aprobadas por decreto da Alcaldía do 14 de febreiro de 2000, para a provisión de prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público de 1998.

As prazas que se convocan son as seguintes:

Persoal funcionario:

Dúas prazas de garda da policía local mediante oposición libre.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello do Porriño (rúa Antonio Palacios, 1) durante o prazo de vinte días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro de edictos deste concello e no BOP de Pontevedra, cando proceda, de acordo coas bases da convocatoria.

O Porriño, 14 de marzo de 2000.

José Manuel Barros González

Alcalde