Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para contratación de servicios de prevención nas especialidades de seguridade no traballo e medicina no traballo.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación de servicios de prevención nas especialidades de Seguridade no Traballo e Medicina no Traballo, mediante concurso, por procedemento aberto e trámite urxente,

con tipo máximo de licitación de 3.903.114 pesetas por ano de vixencia para cada un dos concursos. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 385100 e fax: 988 385184.

Ourense,11 de abril de 2000.

O presidente

Rubricado