Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Cocederos Comercializadores de Mejillón, Pulpo y Pescados de Galicia Precocinados (Cocegame).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Cocederos Comercializadores de Mejillón, Pulpo y Pescados de Galicia Precocinados (Cocegame), que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: cocedeiros comercializadores de mexillón, polbo e peixes de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Manuel Abal Camiña, presidente, e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 24 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra