Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación denominada Trema, 2717.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que a Dirección Xeral de Industria, con data do 17 de febreiro de 2000, lle outorgou a Productos Ulla, S.L. a concesión de explotación denominada Trema nº 2717, de 1 cuadrícula mineira para recursos da arxila, que se sitúa no termo municipal de Catoira, da provincia de Pontevedra; as súas coordenadas xeográficas son as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 41' 40''42º 41' 20''

28º 41' 20''42º 41' 20''

38º 41' 20''42º 41' 00''

48º 41' 40''42º 41' 00''

O que se fai pública para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 27 de marzo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra