Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.450

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 4 do grupo IV (auxiliar coidador e outros) (lista B) publicada por Resolución do 15 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 4 do grupo IV (auxiliar de coidador e outros) (lista B) publicadas na Resolución do 15 de marzo de 2000 (DOG nº 57, do 22 de marzo), esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír a Mª Teresa Fariñas Fernández con DNI nº 32.584.618 no ámbito xeográfico X1505 na lista B no número de orde 70 cunha puntuación 5,750 puntos.

-En consecuencia varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública