Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.450

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 11 de abril de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 6 de marzo de 2000 (DOG número 55, do 20 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 6 de marzo de 2000 (DOG nº 55, do 20 de marzo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 6 de marzo de 2000.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente

perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2000.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

NRP: 3326830024 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Mato Montero, Eduardo.

Código do posto: FA.C06.00.002.15770.005.

Denominación: Servicio de Promoción e Actividades.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude.

Localidade: Santiago de Compostela.