Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.449

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 9 de febreiro de 2000, correspondente á categoría 5 (oficial 2ª cociña e outros) (lista B) do grupo IV.

-O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 13 de marzo de 2000, resolución estimatoria do recurso formulados por Young-Mi Lee Choi, con data do 20 de marzo de 2000, resolución estimatoria dos recursos formulados por Victoria Rivera Rodríguez e Roberto Filgueiras Carballeira, e con data do 30 de marzo de 2000 resolución estimatoria do recurso formulado por Mª Dolores Corredoiras Naveiras, contra a Resolución do 9 de febreiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 5 (oficial 2ª cociña e outros) (lista B) do grupo IV.

Dado que o carácter da resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 9 de febreiro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 5 (oficial 2ª cociña e outros) (lista B) do grupo IV cos datos seguintes:

-Young-Mi Lee Choi, DNI: 44.454.189, lista B, puntuación: 0,880 puntos.

-No posto número 10 para o ámbito X3204.

-No posto número 23 para o ámbito X3206.

-No posto número 9 para o ámbito X3208.

-Victoria Rivera Rodríguez, DNI: 33.832.431, lista B, puntuación: 1,430 puntos.

-No posto número 12 para o ámbito X2702.

-No posto número 7 para o ámbito X2712.

-Roberto Filgueiras Carballeira, DNI: 76.412.641, lista B, puntuación: 1,720 puntos.

-No posto número 10 para o ámbito X1502.

-No posto número 18 para o ámbito X1505.

-No posto número 14 para o ámbito X1506.

-No posto número 9 para o ámbito X1513.

-María Dolores Corredoiras Naveiras, DNI: 76.302.614, lista B, puntuación: 3,150 puntos.

-No posto número 14 para o ámbito X1505.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública