Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.449

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 11 de xaneiro de 2000, correspondente á categoría 3 (ordenanza e outros) (lista A2) do grupo V.

-O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 13 de marzo de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Susana Ormíguez Pérez, e con data do 20 de marzo de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Soledad Noya Dubra, contra a Resolución do 11 de xaneiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 3 (ordenanza e outros) (lista A2) do grupo V.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 11 de xaneiro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 3 (ordenanza e outros) (lista A2) do grupo V cos datos seguintes:

-Susana Ormíguez Pérez, DNI: 36.066.297, lista A2, puntuación: 21,780 puntos.

-No posto número 46 para o ámbito X3609.

Mª Soledad Noya Dubra, DNI: 33.295.547, lista A2, puntuación: 24,330 puntos.

-No posto número 29 para o ámbito X1505.

-No posto número 11 para o ámbito X1510.

-No posto número 13 para o ámbito X1512.

-No posto número 27 para o ámbito X1514.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o arti

go 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública